Recursos por materias

martes, 26 de septiembre de 2017

MATERIA

Para coñecer máis sobre a materia vai premendo nas seguintes imaxes.
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363890406/contido/Unidade5/indice_materia-enerxia.html


https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285569268/contido/index.html?ln18=gl&pathODE=f10/0_ID/&maxScore=88&interfaz=interfaz_t01&titleODE=.:%2520A%2520materia%2520:.

http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1046https://es.slideshare.net/joselopezmourenza/a-materia-e-as-sas-propiedades-43559352



E tamén se premes en 1,2, 3

sábado, 23 de septiembre de 2017

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O curso pasado, no mes de xuño, e por mor da folga de transporte, non puidemos facer unha saída ao porto de Laxe. Puidemos por fin facela agora. Este venres visitamos o porto de Laxe, a Lonxa, o Museo do Mar, e tivemos un obradoiro de alimentación relacionada co mar. Moitas grazas á Consellería de Pesca, e ás monitoras que tan ben nos explicaron o importante que son os recursos mariños para a nosa alimentación. Vimos distintos barcos de pesca, como funciona unha lonxa, os peixes que ían chegando....

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

Cociña de outono

Atopamos no horto unha fermosa cabaza que medrou no verán. Escollemos unha receita moi saborosa, e colaboramos todos e todas para facela.

Cociñando cabaza from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

Adeus e benvida

Adeus a Murillo, Yasmín e Sharay, que xa están traballando noutros colexios, e damos a benvida a Jomara, que agora está na nosa clase.
Benvida, compañeira.

domingo, 3 de septiembre de 2017

PREMIO!!!!!!!

Estamos de noraboa, porque a Consellería de Educación ven de concederlle ao colexio un premio polo traballo desenvolvido durante todo o curso pasado no Plan Proxecta de Innovación Educativa. Podes ver a información nestes enlaces .

1     2    

Isto danos moitas máis ganas de seguir traballando