Tocou dar unha voltiña pola horta.
Tiñamos que arrincar malas herbas que medraron no medio dos cultivos.
Tamén botamos cascas de ovo arredor das plantas, para que non a coman as lesmas e os caracois.
Atopamos unhas pequenas cabazas, a ver se medran e podemos comelas.
As rabizas xa teñen un bo tamaño e pronto as poderemos recoller tamén.
Enchemos algúns neumáticos con compost e terra, e nelas plantamos o physalis que tiñamos, unha roseira, unha framboeseira e un aguacateiro que conseguimos das súas sementes.
As acelgas estaban comidas dos caracois, plantamos outras novas, vermellas, e botámoslles cascas de ovos darredor para que non os volvan a comer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario