Hai un tempo chegou un paquete extrano á clase.
Unha caixa con terra, e un saco con palla dentro.
Pero tiñan algo máis, tiñan hifas, a maneira que teñen de reproducirse os fungos.
E de súpeto, un día, saíronlle uns granos ao saco, e ao día seguinte xa parecían setas, e mira nas imaxes o que foi pasando día a día.
Agora esperamos polos cogomelos que empezan a medrar na caixa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario