Hoxe tivemos unha nova experiencia. Tres mariscadoras ensináronnos a riqueza tan grande que hai en Baldaio.
Alí críanse berberechos, ameixa fina , ostras e longueiróns.
Tamén se colle carnada para pescar.
De paso vimos corvos mariños e disfrutamos unha vez máis da riqueza paisaxística de Baldaio.
O que máis nos gustou foi buscar os berberechos entre a area, e coller algún que outro cangrexo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario