Recursos por materias

domingo, 31 de mayo de 2015

viernes, 29 de mayo de 2015

PEQUE-FEIRA

Hoxe tivemos unha actividade moi especial: a PEQUE-FEIRA, que foi o remate doutra que fixemos durante todo o curso, o horto. Foron actividades promovidas polo Concello, guiadas por Manuel Anxo, e coas que disfrutamos moito.
No San Luís fomos vender os maiores, pero o traballo foi de 3º, 4º, 5º e 6º, e para todos serán os beneficios.
Queremos agradecer as donacións que tivemos de flores, laranxas, pirixel, etc, que contribuiron a ter un posto tan fermoso como podedes ver nas fotos. E tamén que o Concello promova actividades tan chulas.
Aquí tedes,as tarefas previas, e a feira.
Queremos volver o ano que vén!!!!!


E para ver o que saíu na prensa preme AQUÍ

miércoles, 27 de mayo de 2015

jueves, 21 de mayo de 2015

MARISCADOR@S POR UN DÍA

Hoxe tivemos unha nova experiencia. Tres mariscadoras ensináronnos a riqueza tan grande que hai en Baldaio. Alí críanse berberechos, ameixa fina , ostras e longueiróns. Tamén se colle carnada para pescar. De paso vimos corvos mariños e disfrutamos unha vez máis da riqueza paisaxística de Baldaio. O que máis nos gustou foi buscar os berberechos entre a area, e coller algún que outro cangrexo.

miércoles, 20 de mayo de 2015

Atrévete a ter unha idea

Despois de participar no programa Atrévete, para pequen@s emprendedor@s , vistando Someso, e aprendendo alí como se pode montar un negocio, catro compañeiras atrevéronse a participar no concurso que alí nos propuxeron.
Estes son os seus traballos ou propostas de negocio.
Boa sorte.






Viaxe por Europa

Xa sabes a onde ir estas vacacións.
Pregunta na nosa clase, farémosche moitas suxestións interesantes.
Vimos de facer unha fermosa viaxe en grupo por Europa e propoñémosche distintos itinerarios, darémosche información sobre os distintos países, elementos interesantes do relevo, suxestións turísticas e/ou gastronómicas.....






miércoles, 13 de mayo de 2015

Semana do Libro e a Lectura

Visitamos hoxe a exposición da Semana do Libro e a Lectura. Gustounos moito a exposición de libros e traballos dos distintos colexios, pero sobre todo disfrutamos coa ilustradora NOEMI LÓPEZ, que nos ensinou a debuxar distintas expresións, personaxes, movemento....

Últimas tarefas no horto municipal

Pois si, este luns o noso grupo fixo a última visita antes da peque feira, que será o 29 de maio.

sábado, 2 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015


 Materiais para imprimir nesta imaxe
http://www.coordinadoraendl.org/recursos/doc/rec269_4.pdf

http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos/

E unha actividade Lim
http://www.coordinadoraendl.org/recursos/doc/rec269_12/ciclo3.html