Neste fin de curso tivemos unha Olimpiada de xogos tradicionais.
Xogamos ao tira da corda, ao brilé, aos bolos, e tivemos carreiras de sacos.
Os pequerrechos estiveron xogando nos inchables e todos e todas merendamos, pois a APA invitounos a bocatas e bebida.
Despois houbo un obradoiro de abalorios no que fixemos pulseiras e colares, e outro de maquillaxe.
Por fin, para rematar entregaron os regalos dos distintos gañadores das Olimpiadas, dos finalistas da portada da revista escolar e tamén nos fixeron unha actuación os de sexto que se despediron así de nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario