Recursos por materias

jueves, 19 de diciembre de 2019

CINE POR NADAL

Hoxe celebramos o Nadal vendo unha película no cine. Vimos Frozen II

CORREOS

Boas datas para escribir unha felicitación e aprender o uso do correo postal.








PERIGOS DAS REDES SOCIAIS

Con Serxio, o noso amigo Garda Civil aprendemos que é iso das redes sociais e os moitos perigos que hai ao usalas.



lunes, 11 de noviembre de 2019

Os animais

Aquí tes dúas actividades para coñecelos mellor
     2       3


Carta de Fidalgo e robótica


Así que tal e como prometeu Fidalgo hoxe fomos á Biblioteca a coñecer mellor as normas por medio dun Bee Boot






FESTIVAL DO SAMAÍN E MAGOSTO

No festival houbo algunhas actuacións, pero sobre todo entregáronse os premios de decoración de cabazas, e dos concursos de debuxo e relato.

MERENDAS TERRORÍFICAS

E así foron as merendas terroríficas que probamos por Samaín.

CLASE DE FOTOGRAFÍA

Este curso imos traballar a fotografía, e comezamos sacando fotos polo Samaín. Así aprendemos a facelas e a posar nelas. A que quedamos guap@s?

CADALEITOS MOI DOCES

A nosa aportación ás merendas terroríficas foron uns cadaleitos moi doces. Nós disfrutamos facéndoos, e tod@s coméndoos.

PREPARANDO O SAMAÍN

Preparamos o Samaín visitando a exposición de libros de medo, e botándolles unha ollada na Biblioteca.

Cociña e despedida de Manar e Sara

A nosa compañeira Manar vaise do colexio, así que preparamos unha festa de despedida. Tan ben a preparamos que ata cociñamos nós. Fixemos torta de cabelo de anxo, que se saca das cabaza. Aquí tedes un vídeo da actividade e da festa. Ata sempre Manar!!!!!

martes, 22 de octubre de 2019

SEMENTAR SEMENTAREI...

Estamos vendo como nacen as plantas, hoxe tocou probar con abelás, castañas de indias, noces e ravos.
A ver que sae.


E a ver se lle sae a raíz a este aguacate




Terapia con Cadelar

Presentámosvos a Luva, a nosa amiga de Cadelar, que a asociación Aloumiños trae todos os xoves para que xogue con algúns nenos e nenas que xa lle teñen moito cariño.

sábado, 12 de octubre de 2019

PARA APRENDER SOBRE AS PLANTAS


Vai premendo nas imaxes e segue as instrucións




E se aínda queres saber máis, preme nesta e aparecerán moitas ligazóns


Saída ao Bosque do Añón

Nesta saída aprendemos moitas cousas sobre os seres vivos. Vimos animais, plantas, distinguimos entre árbores, arbustos e herbas, distinguimos algunhas árbores, recollemos algúns froitos... e ata buscamos a casa de Fidalgo.

Horta de outono

Comezamos o traballo na horta limpando o noso bancal, e plantando verza, brócoli, coliflor, allos porros... Agora toca esperar e coidar as nosas plantas.

miércoles, 25 de septiembre de 2019

EDUCACIÓN VIAL

Na Semana da Mobilidade, entre outras actividades tivemos no pavillón unha de Educación Vial. Aprendemos como movernos coa bicicleta pola rúa, demos un bo repaso ás sinais de tráfico, e aprendemos a respectalas.
Aquí podedes ver un vídeo do ben que o pasamos.

SEGUNDO NIVEL

Comeza un novo curso, con moitas novidades, profe nova, alumnado novo, moito que aprender, moito que disfrutar, ..., de momento, aquí está o alumnado con moitas ganas de pasalo ben este curso.