Recursos por materias

PREPARANDO O SAMAÍN

Preparamos o Samaín visitando a exposición de libros de medo, e botándolles unha ollada na Biblioteca.

Cociña e despedida de Manar e Sara

A nosa compañeira Manar vaise do colexio, así que preparamos unha festa de despedida. Tan ben a preparamos que ata cociñamos nós. Fixemos torta de cabelo de anxo, que se saca das cabaza. Aquí tedes un vídeo da actividade e da festa. Ata sempre Manar!!!!!

martes, 22 de octubre de 2019

SEMENTAR SEMENTAREI...

Estamos vendo como nacen as plantas, hoxe tocou probar con abelás, castañas de indias, noces e ravos.
A ver que sae.


E a ver se lle sae a raíz a este aguacate




Terapia con Cadelar

Presentámosvos a Luva, a nosa amiga de Cadelar, que a asociación Aloumiños trae todos os xoves para que xogue con algúns nenos e nenas que xa lle teñen moito cariño.

sábado, 12 de octubre de 2019

PARA APRENDER SOBRE AS PLANTAS


Vai premendo nas imaxes e segue as instrucións




E se aínda queres saber máis, preme nesta e aparecerán moitas ligazóns


Saída ao Bosque do Añón

Nesta saída aprendemos moitas cousas sobre os seres vivos. Vimos animais, plantas, distinguimos entre árbores, arbustos e herbas, distinguimos algunhas árbores, recollemos algúns froitos... e ata buscamos a casa de Fidalgo.

Horta de outono

Comezamos o traballo na horta limpando o noso bancal, e plantando verza, brócoli, coliflor, allos porros... Agora toca esperar e coidar as nosas plantas.