Recursos por materias

sábado, 22 de junio de 2019

VERÁN CON LECTURA

Botádelle unha ollada a esta guía de lectura, seguro que atoparás algún libro co que pasar un bo anaco no verán.


FESTIVAL FIN DE CURSO

Foi un festival moi alegre, pero tamén cheo de emocións, despedidas, bicos, abrazos, risas....
Ata sempre!!!!

PREMIOS ECOVOZ

Acadamos dous premios na convocatoria de Ecovoz.
Foi a mellor Ecofotografía, cun fermoso cabaliño do demo de Diego Espasandín, e o mellor Ecovídeo, cun traballo cooperativo de todo o grupo que titulamos a nosa herdanza.
Podes velos aquí, e tamén a recollida de premios.


CLAUSURA LANZADEIRAS


Rematamos o curso cunha grata sorpresa. O traballo de todo o curso do proxecto Buscavidas do San Luís foi recompensado cun premio, un accesit de 500 euros no Concurso de Lanzadeiras. Expuxemos o noso traballo na clausura e disfrutamos moito da festa posterior. Aquí podes ver as fotos.



ATA SEMPRE JUDIT

Hoxe foi o último día de Judit, a tan querida profe que nos acompañou en parte do curso.
Botarémoste moito de menos. Desexámosche o mellor.
Ata sempre, mellor, ata pronto.