Recursos por materias

viernes, 17 de junio de 2016

HORTO DE AROMÁTICAS

Hoxe por fin recollemos as  patacas, colleita bastante escasa, pero deixamos preparada a horta para o verán, prantando varias herbas aromáticas.
Tamén aproveitamos para sementar as cabazas que precisaremos para o Samaín.

jueves, 16 de junio de 2016

Minchas

En Valarés collemos minchas, unhas caracolas pequerrechas que cocidas están moi saborosas.

sábado, 4 de junio de 2016

viernes, 3 de junio de 2016

Novos residentes na aula

Dende hai uns días temos uns invitados.
De momento sabemos que son herbívoros, respiran por branquias, e gústalles a auga limpa.
Iremos vendo como evolucionan.