Recursos por materias

Horto

Esta semana fomos ao horto municipal e plantamos cenorias e cebolas, iso sí, dentro do invernadoiro, porque choveu moito e a terra exterior aínda non está preparada. Velaí as fotos do día

Despois aplicamos coñecementos, e plantamos a nosa horta. Nós plantamos as patacas de cedo e os chícharos.

Circuítos eléctricos

En Coñecemento do Medio aprendemos unhas nocións básicas de electricidade, pero o que máis nos gustou foi elaborar os nosos propios circuítos eléctricos. Que tiveron premio....

domingo, 25 de enero de 2015

ENERXÍA

Esta unidade tés que elaborala ti seguindo o guión que che dará a mestra, e consultando nos enlaces que atoparás premendo nestas imaxes.
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363890406/contido/Unidade5/indice_materia-enerxia.html

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1392639955/contido/index.htm

http://cabeiroabalar.blogspot.com.es/2013/02/as-fontes-de-enerxia.html

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1287562325/contido/index.html
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1353318998/contido/a_enerxia.html

miércoles, 21 de enero de 2015

Visita á nova Biblioteca Municipal

Hoxe, 21 de xaneiro, o grupo de 5º e 6º visitamos a nova biblioteca municipal que se chama Biblioteca Rego da Balsa.
Encantounos, ten un edificio precioso, pero por dentro.... cantas cousas podemos ver, consultar, pedir prestadas, non so libros, tamén videos, música, mesmo ordenadores e tablets. Por iso imos facernos socios canto antes, para poder coller alí o que queiramos.
Estas son unhas imaxes da biblioteca


Se premes nesta imaxe podes entrar na páxina web da Biblioteca e consultar o que queiras
https://bibliocarballo.wordpress.com/
Aquí tes o enlace para ver a nosa foto en Instagran
e todo o que publiquen en facebook
Tamén un vídeo


E por último, as nosas fotos